O CONCELLO INICIARÁ EN BREVE A CONSTRUCCIÓN DUNHA PONTE EN VILARMARTÍN PEQUENO QUE SUBSTITUIRÁ Á EXISTENTE, DANADA POLOS TEMPORAIS

O CONCELLO INICIARÁ EN BREVE A CONSTRUCCIÓN DUNHA PONTE EN VILARMARTÍN PEQUENO QUE SUBSTITUIRÁ Á EXISTENTE, DANADA POLOS TEMPORAIS. 

200816 Foto ponte VilamartinBarreiros, 20 de agosto de 2016. O Concello iniciará en breve a construción dunha ponte en Vilamartín Pequeno, segundo deu a coñecer o alcalde, Alfonso Fuente. Esta nova substituirá á existente que resultara danada polos temporais.

O rexedor anunciou que “en breve se iniciarán os traballos de construción dunha nova ponte en Vilamartín Pequeno. Trátase dunha ponte que quedou moi danada cando fora dos temporais. Estivo en servizo, puxemos unhas chapas metálicas e mantivémola en servizo durante todo este tempo, pero estes días sufriu máis deterioro”.

Alfonso Fuente Parga subliñou que “cortamos xa a estrada e o inicio dos traballos é inminente. Eu visitaba onte esa zona e o rego está practicamente sen auga, entonces cremos que é o momento agora mesmo para poder actuar nesa ponte. Hai que retirar a ponte antiga, hai que levantala, e facer de inicio a ponte nova”.

O alcalde, acompañado do presidente da asociación de veciños, visitou a zona na que se levantará a nova ponte en Vilamartín Pequeno.