O CONCELLO ESTÁ A LEVAR A CABO OBRAS DE MELLORA NAS INSTALACIÓNS DA ESCOLA INFANTIL

O CONCELLO ESTÁ A LEVAR A CABO OBRAS DE MELLORA NAS INSTALACIÓNS DA ESCOLA INFANTIL.011216-foto-caldeira-biomasa

Barreiros, 1 de decembro de 2016. O Concello está a realizar obras de mellora nas instalacións da escola infantil, segundo deu a coñecer o alcalde, Alfonso Fuente.

Os traballos consisten en cubrir o patio e cambiarlle o pavimento, e tamén se adquiriron mobiliario, material didáctico e xogos para os nenos e nenas.

O investimento ascende a máis de 27.000 euros. O Concello conta cunha subvención da Consellería de Política Social e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Por outra banda, estes días colocouse unha caldeira de biomasa nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, proxecto financiado polo INEGA, a través dunha subvención para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.