O concello está a levar a cabo obras de mellora e compra de mobiliario e material didáctico nas instalacións da Escola Infantil.

O concello está a levar a cabo obras de mellora e compra de mobiliario e material didáctico nas instalacións da Escola Infantil.

As obras que se iniciaron estes días consisten en cubrir o patio e cambiarlle o pavimento, tamén se adquiriron unha serie de mobiliario, material didáctico e de xogos para os nenos e nenas.

Este investimento ten unha subvención de 27.764,67 € da Consellería de Política Social e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.