O CONCELLO DOTA DE DIFERENTES SERVIZOS AOS LOCAIS SOCIAIS DO MUNICIPIO

O CONCELLO DOTA DE DIFERENTES SERVIZOS AOS LOCAIS SOCIAIS DO MUNICIPIO. NO DE VILAMAR VEN DE INSTALAR UN TERMO PARA AUGA QUENTE E UN FREGADEIRO.

Barreiros, 11 de xaneiro de 2018. O Concello segue a dotar de diferentes servizos aos locais sociais do municipio. No de Vilamar acaba de instalar un termo para auga quente e tamén un fregadeiro.

O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “desde o Concello vimos colaborando coa asociación de veciños de Vilamar para instalar un termo para que o local social tivera auga quente e tamén se colocou un fregadeiro, de forma que a organización de festas como a que hai este próximo sábado, a festa dos callos, que está collendo tanta sona, non só en Barreiros senón na comarca, que poidan facerse dunha forma máis cómoda, precisamente porque outros anos carecían de auga quente e de fregadeiros”.

O rexedor dixo que “o que estamos facendo en todos os locais sociais, aparte de xa no seu momento telos mellorado e nalgúns casos construílos, agora ilos dotando pouco a pouco de mellores servizos. Entonces coa instalación deste termo que vai levar auga quente a este local mellora a prestación de servizos para todos os veciños da zona de Vilamar e todos os que queiran gozar desta festa dos callos que hai este sábado; e animo a todo o mundo a participar nela”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *