O CONCELLO DE BARREIROS XESTIONARÁ O COMEDOR ESCOLAR DO CEIP DE SAN COSME PARA GARANTIR A SÚA CONTINUIDADE

O CONCELLO DE BARREIROS XESTIONARÁ O COMEDOR ESCOLAR DO CEIP DE SAN COSME PARA GARANTIR A SÚA CONTINUIDADE

▶️Barreiros, 9 de setembro 2021. O Concello de Barreiros pasa a xestionar o comedor escolar do colexio público de San Cosme para dar continuidade a un servizo que ata o de agora viña prestando a ANPA deste centro e que neste curso non se puido facer cargo polo alto custo e dedicación e dispoñibilidade que iso conlevaba. A Xunta de Galicia que xestiona outros comedores escolares, declinou facerse cargo neste caso debido ao escaso número de alumnos dificultando a continuidade do alumnado cuxas familias precisan deste servizo para conciliar. Ante esta situación o Concello de Barreiros decidiu asumir a xestión. “Para o concello, este servizo é moi necesario e esencial e aínda que non é competencia municipal asumímolo por responsabilidade e aproveitaremos para poñer en marcha programas de alimentación saudable” anunciou Montserrat Porteiro, concelleira de Educación.

👨‍👨‍👧‍👧 Conciliación familiar e alimentación saudable

🗣Coa asunción deste novo servizo o Concello de Barreiros facilitará tamén a conciliación familiar. Así o manifestou Montserrat Porteiro que hoxe visitou o comedor do colexio e afirmou tamén que desde o concello de Barreiros “pretendemos que as nenas e os nenos adquiran hábitos nutricionais saudábeis ao mesmo tempo que promocionamos o consumo de produtos frescos e de proximidade”. Explicou así mesmo que os menús están elaborados por unha nutricionista de acordo cos criterios da Xunta en materia alimentaria tendo en conta tamén as táboas de alérxenos.

〽️ O custo do servizo de comedor obedece a criterios obxectivos e progresivos en función da renda familiar seguindo os baremos dos comedores escolares públicos.

💚 Con esta iniciativa o Concello de Barreiros pretende seguir garantindo un servizo tan importante e esencial como é o comedor escolar e mellorándoo e contribuíndo á educación para a saúde en materia nutricional.

👂 Escoita o audio coas declaracións da concelleira Montse Porteiro na seguinte ligazón 👇
https://go.ivoox.com/rf/75234878

Jose Maria Alonso Teijeiro

Gracias alcaldesa gracias Montse en la parte que te toca como concelleira, un nuevo motivo y motivación para saber como y por qué gobierna, quien gobierna en Barreiros, humildad lucha infatigable y trabajo a favor de todos los vecinos parabens, haber