O Concello de Barreiros únese á celebración do Día do Orgullo

O Concello de Barreiros únese á celebración do Día do Orgullo. Por este motivo, segundo explica o edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, “colocamos seis plantas cos colores que simbolizan a diversidade sexual, para conmemorar o Día do Orgullo, que se celebra este 28 de xuño. Desta forma queremos facer chegar o noso apoio a este colectivo”. O alcalde, Alfonso Fuente, e José Manuel Gómez Puente, sinalaron que “deste xeito atendemos a petición realizada no último pleno polo BNG no noso Concello”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *