O CONCELLO DE BARREIROS RECIBIU DURANTE O MES DE SETEMBRO CERCA DE DEZ NOTIFICACIÓNS, DENUNCIAS E RESOLUCIÓNS DE EXPEDIENTES POR INFRACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS

O CONCELLO DE BARREIROS RECIBIU DURANTE O MES DE SETEMBRO CERCA DE DEZ NOTIFICACIÓNS, DENUNCIAS E RESOLUCIÓNS DE EXPEDIENTES POR INFRACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS

O BNG preguntou ao respecto no pleno de onte, non obtendo respostas de parte da Alcaldía nin do Concelleiro de Medio Ambiente, que din non saber a que se refiren.

Barreiros, 28 de novembro de 2017. O grupo municipal do BNG preguntou no pleno do luns a respecto de preto de dez notificacións provintes da Consellería de Medio Ambiente, do Ministerio, de Seprona e de Augas de Galicia nas que se deixa constancia de continuas actuacións que deterioran o medio ambiente.

Non obtiveron respostas desde a Alcaldía, que di “non saber a que se refiren” ningunha das notificacións e, nin sequera, as, resolucións sancionadoras. De feito, a portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, informou que o día 20 de setembro tiveron entrada no rexistro municipal dous escritos de Augas de Galicia nos que se comunican sendos acordos de resolución de expedientes sancionadores na Barranca, en San Miguel e en Arealonga, en Reinante. “Chama a atención que Alcaldía e Concellería de Medio Ambiente descoñezan o contido duns expedientes nos que se propón sancionar ao Concello. E máis cando un deles, o de Arealonga en Reinante, é un expediente por ter desatendido un requirimento feito con anterioridade”, advirte Ana Ermida.

O BNG solicitou acceder aos expedientes aos que se refiren as notificacións para coñecer o alcance das mesmas. A formación nacionalista asegura que “a cantidade de escritos sobre incumprimentos e infracións do Concello de Barreiros en materia medioambiental dan mostra de como actúa este goberno, do respecto polo medio que teñen e, o que é máis grave, das consecuencias que a súa política está tendo, incluso, na economía municipal.”

O Alcalde pretende que outras administracións lle solucionen os problemas que el non afronta.

Desde o grupo municipal do BNG aseguran que “Alfonso Fuente e o seu equipo de goberno están situándose nunha posición victimista e cómoda tratando de escurrir a súa responsabilidade e demandando que sexan outras administracións as que actúen.”

“Desde logo que o traballo en materia medioambiental debe ser conxunto de todas as administracións, pero o que non vale é ampararse no que outras deixen de facer para non responsabilizarse de cumprir que ten o Concello”, afirma Ana Ermida. “Non poden ampararse en que outras Administracións non comprometen investimentos cando o gobeno municipal é incapaz sequera de cumprir con uns mínimos medioambientais”, conclúen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *