O Concello de Barreiros realiza diversas obras no municipio, das cales algunhas rematarán estes días

Barreiros, 22 de setembro de 2015.- O Concello realiza obras no acceso ao colexio de San Miguel e tamén nas parroquias de San Cosme e de Reinante, segundo deu a coñecer este martes o alcalde, Alfonso Fuente.Arias ,ayer, con Alfonso Fuente.

O rexedor explicou que “no acceso ao colexio de San Miguel, na rúa que sube cara a Remourelle, fíxose alí unha actuación para que aparquen os autobuses e máis para os peóns, para que poidan estacionar na zona de abaixo e ir andando por un paso de peóns. Na parte de arriba o autobús tiña que subir case ata a autovía para poder dar a volta e despois descargar aos nenos pola man da entrada do colexio e o que se fixo foi adquirir un terreo e mellorar alí para que o autocar poida dar a volta ao lado mesmo do centro, co cal tamén se acurta en tempo a viaxe”. Segundo Fuente Parga “supoñía un trastorno ter que subir case a preto da autovía para poder dar a volta e volver baixar cos nenos, incluso co perigo que entrañaba levar aos nenos a dar a volta ata aquel punto”.

Para o alcalde barreirense “esa é unha obra importante, que entra dentro doutras como foron tamén o aglomerado na parroquia de San Cosme, concretamente na zona das vivendas sociais, onde estaba a gardería municipal. Faltaba aquela zona por reparar o aglomerado. E tamén fronte a teleclub había unha estrada que estaba en mal estado e hai uns días foi aglomerada”.

Alfonso Fuente Parga relatou que “tamén se están rematando as obras en Reinante, no acceso á praia. Estaba feita a principal, que se preparara para o verán, pero faltaba outro camiño que vai ao redor da urbanización. Alí era coa execución dun aval do promotor. Esas obras estanse rematando estes días. Vanse facer tamén melloras nalgunhas estradas, como son a que vai por detrás do pavillón do colexio de San Miguel ou o camiño que baixa cara a praza do Souto. Estas obras vanse rematar estes días, espero que entre esta semana e a que vén eses traballos queden concluídos xa”.