
Nel participan as entidades que organizan as distintas carreiras que se celebran en Barreiros, o Concello e q Vicepresidencia da Deputación, que cofinancia o circuito.

A Carreira de Reis, Terra Mar, Ao son do Masma, Trail Comado. ½ Vertical e Carreira das
Praias conforman o evento presentado onte por representantes das organizacións, o Concello e a Deputada Mónica Freire.

Crear este circuíto é un xeito de darlle empaque xeral a todas as carreiras do municipio, que son un dos mellores escaparates para coñecelo; xa que percorren dende as nosas praias ata os nosos montes
durante todo o ano.

Sistema de puntuación sinxelo no que se valorará a regularidade.


Cada carreira contará co seu propio espazo web dentro dunha web do circuito na que se poderá consultar o regulamento.

Para puntuar será necesario realizar como minimo 4 das 6 probas que compoñen o Circuito e ao inscribirse nunha das dúas primeiras carreiras xa se inscribe automaticamente no circuito.

O 30% do recadado nas inscricións será doado à Fundación Xesús Bal y Gay para o seu proxecto socioeducativo “Sinfónico no Rural® que desenvolve en Barreiros durante este curso.

A proba tamén contará cunha andaina de 5 ou 10 Kms na cal a inscrición tamén se destinará a fins socioeducativos.