O Concello de Barreiros leva unha campaña de información sobre reciclaxe de residuos este sábado a Vilamartín e San Xusto

250315 Foto reciclaxe Barreiros

Barreiros, 25 de marzo de 2015.-

O Concello de Barreiros leva unha campaña de información sobre reciclaxe de residuos a Vilamartín Grande e a San Xusto este vindeiro sábado, día 28.

Co lema Separemos ben, reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. Recicla, a aula móbil desta campaña estará no local social de Vilamartín Grande de 16 a 17 horas e no local social de San Xurxo de 18 a 19 horas.

A campaña foi presentada no mediodía deste mércores no Concello polo alcalde, Alfonso Fuente Parga, e polo concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, que animaron a participar na mesma aos veciños e veciñas desese lugares.