O CONCELLO DE BARREIROS FAI ENTREGA A APNED DA DOAZÓN OBTIDA NA CARREIRA SOLIDARIA DE REIS

O CONCELLO DE BARREIROS FAI ENTREGA A APNED DA DOAZÓN OBTIDA NA CARREIRA SOLIDARIA DE REIS.

Fecha de publicación:
Miércoles, 11 Marzo, 2020 – 09:34

A Asociación de Nais e Pais de Nenos con Discapacidade da Mariña recibiu 458,10€ das doazóns das persoas participantes na carreira e andaina solidaria de Reis organizada polo Concello de Barreiros.

La imagen puede contener: 2 personas, barba

Barreiros, 11 de marzo de 2020. O concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García, fixo entrega a Nico Veiga, directivo da APNED da cantidade recadada con motivo da carreira e andaina solidaria organizada polo Concello de Barreiros o día 5 de xaneiro.

Tras ter aprobada a conta xustificativa de dito evento, as doazóns das persoas participantes en ditas probas ascenderon a catrocentos cincuenta e oito euros con 10 céntimos, que foron entregadas á asociación APNED (Asociación de Nais e Pais de Nenos con discapacidade) que traballa no ámbito da atención a nenas e nenos con capacidades diferentes desde hai anos e cuxa sede social está en Barreiros.

Desde o Concello sinalan que “a pretensión da entidade local é abrir unha vía de colaboración e solidariedade con asociacións sen ánimo de lucro que traballen no ámbito do benestar social, xa que a súa labor é fundamental para a igualdade das persoas con capacidades diferentes, especialmente en concellos pequenos ou rurais, nos que mesmo chegan a suplir funcións que deberan asumir as administracións.”

Nico Veiga agradeceu en nome da asociación e das familias usuarias a colaboración de todas as persoas que fixeron as súas doazóns voluntarias para este fin e tamén a implicación do Concello de Barreiros “por pensar nas necesidades de asociacións coma a que represento, que loitamos contra vento e marea por garantir atención ás nenas e nenos con capacidades diferentes.”