O concello de Barreiros está a facer limpeza polos accesos ás praias

JuanLino (1)O concello de Barreiros está a facer limpeza polos accesos ás praias, sobre todo nas baixadas e proximidades das casas próximas ao paseo marítimo.
Este traballo a verdade a quen corresponde é a Costas, pero como non se sabe cando o pensan facer, non queda outra que facelo pola nosa conta se queremos ter as praias como merecen unhas galardoadas con Bandeiras Azuis.
Agora esperamos que o departamento de Costas remate a faena canto antes, así como a Deputación Provincial en todas as súas estradas que están que dá pena velas.