O CONCELLO CELEBRA O REMATE DO CURSO COA REPRESENTACIÓN DE ESPANTALLO AMIGO O VINDEIRO LUNS, DÍA 20

O CONCELLO CELEBRA O REMATE DO CURSO COA REPRESENTACIÓN DE ESPANTALLO AMIGO O VINDEIRO LUNS, DÍA 20.

Espantallo2Barreiros, 17 de xuño de 2016. O remate do curso escolar celebrarase en Barreiros coa representación de Espantallo Amigo a cargo de Os Quinquilláns.

Esta actividade está dedicada especialmente ao remate do curso escolar dos nenos e nenas dos colexios do concello. O grupo Os Quinquilláns porá en escena a obra Espantallo Amigo sobre o texto de Xosé Neira Vilas. Está dirixida a un público familiar.

A representación terá lugar o luns, 20 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 11:30 horas. A entrada é gratuíta.

Organiza o Concello de Barreiros.