O CONCELLO BUSCA EMPRESAS QUE ESTEAN INTERESADAS EN INSTALARSE NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE BARREIROS

080515 Foto reunion Madrid 1O CONCELLO BUSCA EMPRESAS QUE ESTEAN INTERESADAS EN INSTALARSE NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE BARREIROS. ALFONSO FUENTE MANTIVO UNHA XUNTANZA EN MADRID CON RESPONSABLES DUNHA FIRMA VASCA DEDICADA Á LOXÍSTICA E Á DISTRIBUCIÓN.

Barreiros, 8 de maio de 2015. O alcalde, Alfonso Fuente, desprazouse a Madrid para manter unha xuntanza con empresas que están interesadas                                                                                        en adquirir terreos no polígono de Barreiros.

O rexedor explica que “unha desas empresas é Azkamsa SL, unha firma vasca dedicada á loxística, distribución e transporte de mercancías. Esta empresa está interesada en instalarse en Barreiros, debido a que o parque empresarial está situado a poucos metros do acceso á autovía A-8, entre outras cousas”.

Fuente Parga sinala que “desde o Concello estamos a contactar con diversas empresas para contarlles que se produciu unha baixada do 50% no prezo dos solares que se poñen á venda no polígono industrial. Tentamos localizar inversores que estean dispostos a implantarse en Barreiros e a crear emprego no noso concello”.

O alcalde barreirense subliña que “o de Barreiros é un dos polígonos onde máis solo se vendeu nos últimos meses e nesta liña seguiremos a traballar. É moi importante que novas empresas veñan aquí a instalarse, porque iso repercutirá na economía municipal, ademais de crear postos de traballo”.