O BNG RECOLLERÁ SINATURAS EN BARREIROS CONTRA A SUBA DO RECIBO DA LUZ

O BNG RECOLLERÁ SINATURAS EN BARREIROS CONTRA A SUBA DO RECIBO DA LUZ

A formación nacionalista informará sobre as propostas que defende para que se rebaixe a factura da luz e recollerá sinaturas entre as 9 e as 12 do vindeiro venres, 8 de novembro, na beirarúa de enfrente do Concello.

Barreiros, 6 de novembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego colocará un punto de información e recollida de sinaturas sobre a suba da enerxía e o recibo da luz en Barreiros, o vindeiro venres, 8 de novembro, de 9 a 12.

O punto informativo colocarase na beirarrúa de enfrente do concello e nel, a formación nacionalista recollerá sinaturas entre as persoas que apoien as medidas propostas para lograr unha rebaixa no recibo da luz e estabilidade na tarifa eléctrica.

Desde o BNG veñen defendendo a necesidade dunha tarifa eléctrica galega, que permitiría reducir o custo da enerxía sobre un 30% con respecto ao prezo actual. “É de xustiza que nun País produtor coma Galiza, poidamos beneficiarnos cando menos nos nosos recibos, tendo en conta o impacto que teñen as infraestruturas produtoras de enerxía, tales como encoros ou os eólicos nos montes”, afirma a portavoz en Barreiros, Ana Ermida. “O que non é normal é o que está pasando actualmente, que as consumidoras e consumidores galegos teremos que pagar máis no noso recibo da luz en beneficio das eléctricas.”, aseguran.

Desde a formación frontista defenden a eliminación dos suplementos territoriais que se contemplan nos recibos, “xa que supoñen unha clara discrimación para Galiza”. Propñoen tamén a baixada do IVE do 21% que actualmente grava a enerxía ao 4% dos produtos básicos, “porque a día de hoxe a enerxía tense convertido nun ben de primeira necesidade e, por iso, debe garantirse que toda a poboación teña acceso a ela.”

O BNG vai un paso máis aló e defende que aquelas centrais que rematen a concesión, fundamentalmente encoros que se consturíron durante o franquismo con un importante impacto social e ecolóxico, retornen a mans públicas e se xestionen por unha empresa pública galega que socialice os beneficios da producción eléctrica en Galiza”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *