O BNG PIDE RECUPERAR O USO PÚBLICO DO TELECLUB DE SAN COSME

O BNG PIDE RECUPERAR O USO PÚBLICO DO TELECLUB DE SAN COSME

O Concello non pode permitir que un local público como é o que ocupaba a antiga cafetería estea pechado 5 anos.

Barreiros, 26 de setembro 2017. No Pleno celebrado o pasado luns pola corporación barreirense, o grupo municipal do BNG levou a debate a situación na que se atopa o antigo teleclub da vila, concretamente preguntaron polo uso que se lle está a dar ao local destinado a cafetería no mencionado edificio, que é de titularidade municipal, e que desde o 14 de marzo de 2011 está cedida polo Concello de Barreiros á Asociación de Veciños de San Cosme según acordo plenario desa data, acordo que literalmente dí:

PRIMEIRO.-  Ceder gratuítamente por un prazo de quince anos á Asociación de Veciños de San Cosme de Barreiros o uso do local do inmoble sito en Carretera da Praia nº 1 de San Cosme de Barreiros e que se está destinando a cafetería. SEGUNDO.- Esta cesión de uso supón que os gastos derivados do uso deste local serán de conta da Asociación de Veciños, debendo entregar o local en óptimas condicións de uso ó final do período establecido.”

Nesa mesma sesión plenária na que se cedeu o local,  o alcalde Alfonso Fuente manifestou que “é un edificio de titularidade municipal onde hai unha cafetería que non ten ningunha relación xurídica co concello ainda que sí coa Asociación de Veciños. Para regularizar esta situación é polo que se cede gratuítamente este uso á Asociación de Veciños, entendendo que ésta actúa sin ánimo de lucro”.

Desde o BNG afirmaron  que pasados 6 anos e medio desde a adopción do acordo de cesión do local, e  lonxe de regularizarse esta situación, o local obxecto da cesión sufríu modificacións nos dous últimos anos realizándose obras no mesmo sen que se teña constancia do tipo de licenza concedido para tales obras nin do proxecto presentado para a suposta remodelación do local destinado a cafetería no antigo Teleclub. Ademáis  anunciouse en repetidas ocasións a inminente apertura da cafetería con carteis pendurados das vidreiras da mesma sen que ata o de agora  se levara a cabo tal apertura.

Esta situación xera malestar entre a veciñanza

Para o BNG esta situación, que está xerando malestar entre a veciñanza de Barreiros, debe solucionala o concello canto antes, pois este local público situado no centro de San Cosme non pode estar eternamente pechado, privándolle do seu disfrute aos barreirenses, por eso @s edís nacionalistas instaron ao alcalde a dirixirse á Asociación de Veciños de San Cosme para que ésta díe conta do uso que lle está dando ao local que lle foi cedido gratuitamente por espazo de 15 anos, e que así mesmo lles advirta que están obrigados a “devolver o local en óptimas condicións de uso ao final do período establecido”, tal como dí o acordo de cesión. Desde o BNG interesáronse tamén polo tipo de licenza concedida para as obras de demolición alí realizadas e mais de supostas reformas, e preguntaron tamén polo respectivo proxecto, para poder coñecer que é o que se pretende facer alí.

O Concello de Barreiros tén a obriga de averiguar e  explicar o que acontece con este local público

“O Concello, como propietario do inmoble tén a obriga de explicar o que está sucedendo con ese local, sobre todo tendo en conta ques se está a piques de chegar a metade do período temporal da cesión. É un ben público, de todas e todos, e polo tanto tén que interesarse polo estado desta infraestructura, e se a entidade beneficiaria da cesión non lle dá uso e non o mantén nas debidas condicións, o concello deberá plantearse a anulación da cesión e a recuperación do local para uso e disfrute de tod@s”, afirmaron desde o BNG.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *