O BNG INICIA UNHA ROLDA DE ASEMBLEAS INFORMATIVAS POLAS PARROQUIAS SOBRE A SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE BARREIROS

O BNG INICIA UNHA ROLDA DE ASEMBLEAS INFORMATIVAS POLAS PARROQUIAS SOBRE A SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE BARREIROS

A primeira asemblea é este sábado, 20 de xaneiro, ás 19:30 no Centro Sociocultural de San Cosme

Barreiros, 19 de xaneiro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros comeza este sábado unha rolda de asembleas informativas para dar a coñecer a situación económica do Concello de Barreiros. Farao no Centro Sociocultural de San Cosme, ás 19:30 con unha xuntanza que, baixo o título SOS Barreiros, pretende servir para “informar sobre os orzamentos aprobados inicialmente o luns e analizar entre as veciñas e veciños as necesidades do Concello e as actuacións a levar a cabo”, explica a portavoz municipal.

Segundo explican desde a formación nacionalista “estas asembleas pretenden continuar co traballo de intercambio de opinións e ideas, así como servir para informar de cuestións que deberían ser explicadas polo goberno municipal. Pero dado que non teñen ningunha intención de informar verazmente da situación do Concello, desde o BNG comprometémonos a seguir traballando nesta liña.”

“Nós cremos na transparencia e na participación veciñal como o mellor xeito de xestionar un Concello e co traballo diario ao lado das veciñas e dos veciños é como se coñecen as necesidades e como se poden aportar as mellores solucións”, explica Ana Ermida. “Para nós a participación é un eixo fundamental na política municipal. Por iso tentamos que se elaborara un regulamento para que a veciñanza puidese intervir nos plenos municipais. Pero, ante a negativa do goberno municipal do PP, nós imos seguir predicando co exemplo e amosando que é posible actuar doutro xeito máis próximo á veciñanza”, conclúe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *