O BNG considera que ao goberno municipal do PP en Barreiros só lle preocupa recaudar

O BNG considera que ao goberno municipal do PP en Barreiros só lle preocupa recaudar mentras as veciñas e veciños ven como merma a calidade dos servizos

Barreiros, 16 de outubro 2015.- No Pleno celebrado polo concello de Barreiros o pasado martes aprobouse unha moción do grupo municipal do BNG na que se demandaba rebaixar o tipo impositivo municipal do IBI.

Nos últimos anos, duplicaronse os prezos dos recibos de rústica, pero a maior subida é a da contribución urbana, que en Barreiros pasou de aplicarse o 0,6% ao 0,88% no ano 2013. E a maiores desta subida que impuxo o goberno municipal do PP en Barreiros, o goberno do estado tamén decretou unha revisión dos valores catastrais e que o concello de Barreiros levou a cabo o ano pasado, que fixo que centos de familias tiveran que pagar unha taxa de 60€ por dar de alta construccións que non aparecían rexistradas e que en moitos casos non deixan de ser construccións accesorias, propias do noso rural.

Desde o BNG consideran que con estas medidas dos gobernos estatal e local do PP, estase obrigando ás veciñas e vecinos de Barreiros a soportar unha carga impositiva moi elevada e desproporcionada, tendo en conta tamén que esta carga se aplica tamén a anos anteriores.

Para o BNG, o caso de Barreiros é especialmente grave, xa que nos últimos anos, as veciñas e veciños levan soportando subidas nos prezos públicos que pagan ao concello (auga, lixo, IVTM, IBI….) por uns servizos que non se prestan con eficiencia e eficacia, e en moitos casos brilan pola súa ausencia ou non se prestan ao 100%.

Unha vez aprobada esta moción na que se demanda unha modificación da ordenanza reguladora do IBI para 2016, onde se revise o tipo de gravame municipal que se aplica neste imposto e na que así mesmo se introduzan bonificacións dirixidas a persoas e familias con ingresos e rendas baixas, o BNG agarda que esta proposta sexa levada a pleno o antes posible e anuncia que facilitará ás veciñas e aos veciños a información precisa sobre este asunto.