O ARTISTA JUAN RAMÓN ALVES FERNÁNDEZ REALIZARÁ UNHA MOSTRA DE ACUARELA AO VIVO ESTE VENRES EN BARREIROS

O ARTISTA JUAN RAMÓN ALVES FERNÁNDEZ REALIZARÁ UNHA MOSTRA DE ACUARELA AO VIVO ESTE VENRES EN BARREIROS.

O artista, que estes días ten expostas as súas obras no Centro sociocultural, realizará unha demostración ao vivo de acuarela ás 11:00 h.

Barreiros, 8 de agosto de 2019. Dende o Concello de Barreiros convidan a asistir a unha demostración que o artista Juan Ramón Alves Fernández fará este venres, 8 de agosto, no Centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 11:00 horas.

Esta mostra de cómo traballa a acuarela levarase acabo dentro da exposición que este días se pode visitar no centro sociocultural en San Cosme de Barreiros, en horario de 10:00 a 14:00 ata o 15 de agosto (domingo 11 pechada).