O 30 DE DECEMBRO CELÉBRASE NO PAVILLÓN MUNICIPAL O II TROFEO SOLIDARIO PRAIAS DE BARREIROS

O 30 DE DECEMBRO CELÉBRASE NO PAVILLÓN MUNICIPAL O II TROFEO SOLIDARIO PRAIAS DE BARREIROS, ORGANIZADO PARA RECOLLER ALIMENTOS NON PERECEDOIROS DESTINADOS ÁS FAMILIAS MÁIS NECESITADAS DO CONCELLO.No hay texto alternativo automático disponible.

Barreiros, 28 de decembro de 2017. O vindeiro 30 de decembro terá lugar o II Trofeo Solidario Praias de Barreiros CD de fútbol sala, que disputarán o CD Cubelas FS, o Trabada FS, o CDE Marino das Figueiras e o anfitrión. Os partidos darán comezo ás catro da tarde. A final está prevista para as 20:00 horas e ás nove da noite será a entrega de trofeos.

Segundo explican desde o Praias de Barreiros “este maratón está feito para a recollida de alimentos non perecedoiros que se doarán ao Banco de Alimentos do Concello barreirense. Durante a xornada do Trofeo as persoas interesadas en participar nesta campaña poderá facer as súas doazóns desde as tres da tarde ás nove da noite no pavillón municipal de Barreiros”. E engaden que “xa desde o luns e ata mañá de 10 a 13 horas e de 17 a 21 está en marcha esta campaña”.La imagen puede contener: 6 personas, personas sonriendo, personas de pie

O II Trofeo Solidario está organizado polo Praias de Barreiros CD, que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, a Xunta de Galicia, Deportes Galego, Galicia Saudable, a Federación Galega de Fútbol e os clubs que participan no evento.

Desde a organización sinalan: “queremos agradecer de antemán a todas esas persoas que de forma voluntaria e altruísta fan que este torneo se poda levar a cabo. Desde a directiva animamos a todo o mundo a que acuda a gozar dunha tarde de futsal na que todos ganaremos independentemente do resultado no luminoso. Grazas equipo, estamos seguros de que non nos ides fallar”.

O II Torneo Solidario foi presentado nas últimas horas no pavillón municipal de Barreiros. No acto participaron membros do Praias de Barreiros CD, ademais de Manuel Otero Méndez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, e o alcalde, Alfonso Fuente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *