O 2 DE ABRIL HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ARDORA PORÁ EN ESCENA MAL SOCIAL

O 2 DE ABRIL HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ARDORA PORÁ EN ESCENA MAL SOCIAL.

Barreiros, 31 de marzo de 2017. Este domingo, 2 de abril, haberá teatro en Barreiros. O grupo Ardora representará “Mal social”, unha obra cómica e costumista. Será a partir das 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

A actividade enmárcase nas celebracións do día do libro, programadas polo Concello barreirense. Está organizada pola Concellería de Cultura, que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.