O 16 DE XULLO TERÁ LUGAR A MOSTRA FOLCLÓRICA DE VERÁN NA PISTA DAS FESTAS DE SAN BARTOLO

140715 Foto Mostra Folclorica VeranO 16 DE XULLO TERÁ LUGAR A MOSTRA FOLCLÓRICA DE VERÁN NA PISTA DAS FESTAS DE SAN BARTOLO. ALÍ ACTUARÁN A PARTIR DAS OITO DA TARDE A COMPAÑÍA URUGUAIA SENTIDO SUR E O GRUPO LOCAL ARCO DA VELLA.

Barreiros, 14 de xullo de 2015. A compañía uruguaia Sentido Sur e o grupo local Arco da Vella protagonizarán a Mostra Folclórica de Verán que se celebrará este xoves, 16 de xullo, ás 20 horas na pista das festas de San Bartolo.

Segundo explican desde o Concello “o contacto con esta compañía foi a través da asociación Mural Folk, que xunto a Festifolk (entidade que integra a máis de 45 asociacións folclóricas sen ánimo de lucro en España), se puxeron en contacto con Arco da Vella.

Sentido Sur é unha compañía formada por 25 persoas, 16 bailaríns de 9 músicos. O grupo está estes días de xira por Galicia e logo continuará no País Vasco, Asturias, Extremadura e Portugal. Os seus principais obxectivos son os de conformar pezas capaces de expresar a identidade uruguaia, sintetizar e mostrar diferentes aspectos das danzas folclóricas, músicas, vestiarios e instrumentos que conforma o seu patrimonio cultural tradicional.

A Mostra Folclórica de Verán foi presentada este mediodía no Concello polo alcalde, Alfonso Fuente, pola concelleira de Cultura, Adela Rodríguez , e polo presidente de Arco da Vella, Enrique Penabad.