O 15 DE MAIO REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS SEIS BOLSAS DE EMPREGO QUE TEN ABERTAS O CONCELLO BARREIRENSE

O 15 DE MAIO REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS SEIS BOLSAS DE EMPREGO QUE TEN ABERTAS O CONCELLO BARREIRENSE.

Barreiros, 8 de maio de 2017. O Concello de Barreiros ten abertas seis bolsas de emprego para cubrir baixas, xubilacións, vacacións ou traballos estacionais. O prazo de inscrición remata o vindeiro 15 de maio.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, dixo que “desde o Concello de Barreiros queremos lembrar que temos unhas bolsas de emprego temporal abertas. Son seis bolsas de emprego, unha delas para postos de peón limpador de espazos e edificios públicos, outra para postos de condutor de tractor desbrozadora e para labores de desbroce e limpeza en vías e espazos públicos, tamén para posto de condutor de motobomba e para labores de prevención de incendios, así como postos de traballo na Escola Infantil municipal, no servizo de axuda no fogar e de conservación e mantemento de espazos públicos e conservación medioambiental”.

O rexedor indicou que “estas seis bolsas de emprego se abren para toda aquela xente que queira vir a apuntarse. Ten que traer unha serie de documentación e o prazo remata o día 15 de maio. Pode inscribirse calquera persoa que estea traballando agora mesmo, pero que puideran quedar sen traballo. Valorarase toda esa documentación en función das bases”.

Fuente Parga manifestou que “estas bolsas nos van servir para cubrir baixas, vacacións, xubilacións, acumulacións de tarefas ou traballos estacionais. Todas aquelas causas que poidan ser sobrevidas co devir e cos traballos que ven desenvolvendo o Concello para cubrir esas prazas de persoal laboral temporal”.

O alcalde declarou que “algunhas é verdade que necesitan unha serie de cualificacións ou formación específica, pero hai outras que non é así. Entón que todo o mundo aporte a documentación e cubran as instancias porque despois destas bolsas de emprego é de onde se vai ir contratando o persoal que necesite o Concello en cada momento”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *