NOVA SESIÓN DE TEATRO ESTE DOMINGO, 21 DE XUÑO, EN BARREIROS

Barreiros, 17 de xuño de 2015. O domingo, 21 de xuño, haberá unha nova sesión de teatro no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A compañía 3DTrans porá en escena “Ride, ride…”!. Será partir das 19 horas.

Sabela Amado, Cristina Mariño e Cristina Moreira levan ao teatro sketchs cos que gañaron o concurso Os humorosos da Televisión de Galicia. “Ride, ride…”! é un espectáculo de risas, relaxación subxectiva e parodia sobre un episodio da vida de tres actrices.

A representación enmárcase dentro do programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta.