NOVA PEREGRINACIÓN POR ETAPAS A SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O 2016

061115 Foto peregrinos BarreirosO CONCELLO ESTÁ A ORGANIZAR UNHA NOVA PEREGRINACIÓN POR ETAPAS A SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O 2016. NESTA OCASIÓN SERÁ A TRAVÉS DO CAMIÑO PRIMITIVO. HAI UNS DÍAS UN GRUPO DE 25 VECIÑ@S REMATOU O SEU PERCORRIDO POLO CAMIÑO NORTE.

Barreiros, 6 de novembro de 2015. Un grupo de 25 persoas realizou hai uns días a etapa do Camiño Norte comprendida entre Ribadeo e Vilamartín Pequeno, en Barreiros. Segundo explica un dos participantes, o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, “foi unha etapa de certa dificultade, debido á subida de Arante a Vilamartín Pequeno. Pero compensámolo cunha comida moi nutritiva no Bar A Curva, en San Xusto”. O edil popular explica que “esta era a etapa que tiñamos pendente de realizar a través do Camiño Norte. O resto xa as fixemos durante os últimos meses”.

Gómez Puente anuncia que “debido ao compañeirismo e á amizade que sempre estiveron presentes en todas as etapas que fixemos, decidimos que no 2016 realizaremos unha nova peregrinación a Compostela. Nesa ocasión será a través do Camiño Primitivo, desde A Fonsagrada ata Santiago”.

Todas as persoas que estean interesadas en participar poden chamar ao seguinte número de teléfono: 618 75 25 60.

Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros.