NO PLENO CELEBRADO O LUNS, O  BNG INSTOU AO ALCALDE DE BARREIROS A POSICIONARSE DO LADO [email protected] [email protected] E PENSIONISTAS DE BARREIROS

NO PLENO CELEBRADO O LUNS, O  BNG INSTOU AO ALCALDE DE BARREIROS A POSICIONARSE DO LADO [email protected] [email protected] E PENSIONISTAS DE BARREIROSLa imagen puede contener: 11 personas, personas de pie, personas caminando, multitud y exterior

La imagen puede contener: 14 personas, personas sonriendo, personas de pie, niños y exterior

Desde a formación nacionalista manifestan o seu apoio aos pensionistas barreirenses e ás súas xustas reivindicacións

 

O Colectivo de [email protected] e Pensionistas de Barreiros volve a mobilizarse este xoves 29 concentrándose na Praza do Concello

Barreiros, 28 de marzo de 2018. No Pleno celebrado o pasado luns día 26 no concello de Barreiros, o BNG solicitou á alcaldía que se posicione do lado [email protected] [email protected] e pensionistas que están a sufrir una vez mais os recortes do PP nas súas devaluadas pensións. A portavoz nacionalista Ana Ermida fixo fincapé tamén no elevado número de [email protected] e pensionistas na poboación de Barreiros, polo que instou a Alfonso Fuente a solidarizarse co colectivo barreirense de xubilados e pensionistas, que todos os xoves se concentran na praza do concello demandando pensións públicas dignas e con poder adquisitivo. Según manifestou Ermida, a resposta dada polo alcalde foi darlle unha vez mais as costas aos seus veciños e veciñas, pois a súa única aportación foi recordarnos as palabras de Rajoy: se se aproban os orzamentos do Estado, miraremos de subir as pensións.

 

As reformas laborais dos anos 2010, 2011 e 2012 promovidas por gobernos do PSOE e do PP foron un grave ataque ao sistema público de pensións.

Na súa intervención, a portavoz municipal do BNG tamén recordou as reformas laborais promovidas, durante os anos 2010, 2011 e 2012, por gobernos do PSOE e PP, respectivamente, con diferentes niveis no seu contido e importancia, e que afondaron na liña neoliberal, atrasando a idade de xubilación aos 67 anos, ampliando a 25 o número de anos para calcular a base reguladora, atrasando a idade de acceso á xubilación anticipada, dificultando o acceso ao subsidio de desemprego establecendo límites económicos de miseria para ter dereito ao mesmo e atrasando a idade de acceso dos 52 aos 55. En definitiva, medidas todas orientadas a dificultar o acceso e reducir a contía das prestacións do sistema público de protección social, ao tempo que se fomenta a súa privatización.

O BNG manifesta o seu apoio ao colectivo de [email protected] e pensionistas de Barreiros

O BNG mostra o seu apoio ao colectivo de [email protected] e pensionistas de Barreiros e ás concentracións que realizan todos os xoves na praza do concello e que tamén terá lugar este xoves día 29 para reivindicar pensións dignas e con poder adquisitivo, dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, actualización anual das pensións en base ao IPC, derrogación das reformas laborais e a aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.