No Concello de Barreiros tivo lugar a presentación do DisfraBAR

No Concello de Barreiros tivo lugar a presentación do DisfraBAR, unha actividade de Entroido organizada pola asociación de
Hostelería de Barreiros e na que se vai sortear un menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas. Será entre todos aquelas persoas que percorran os 7 establecementos hostaleiros que participan na iniciativa entre o 4 e o 6 de marzo. Cada persoa obterá

un selo para a súa papeleta por cada consumición realizada. O sorteo do premio terá lugar o 8 de marzo, na praza do Concello, durante a Festa do Entroido de Barreiros.

Para facilitar a participación no DisfraBAR e favorecer a mobilidade segura haberá un bus gratuíto durante os tres días, grazas á colaboración do Concello de Barreiros. Funcionará o luns e o mércores entre as sete da tarde e as doce da noite e o martes de Entroido de doce do mediodía a 4 da tarde e de sete da tarde a doce da noite. Partirá das inmediacións do Centro de Saúde e percorrerá os bares que se dan cita no DisfraBAR e que son La Barrica, A Yenka, A Curva, Lozano, O Asador, Moderno e Centro Social.
Na presentación desta mañá estivo o alcalde, Alfonso Fuente, xunto a representantes da asociación Hostelería de Barreiros.