Hoxe queremos presentarvos a nosa proposta de actividades para

O NADAL MÁIS CASEIRO!

Este ano tan especial, no que non podemos desfrutar tanto das rúas e das amizades como de costume, é necesario ser responsables e continuar a demostrar que cumprimos as normas.

Por iso, desde o Concello de Barreiros, vamos propoñervos unha actividade caseira para cada día do Nadal.

Hoxe facemos público o calendario das propostas de actividades que levaremos adiante durante as vacacións escolares e, cada día, poñeremos


ideas e algún video para que poidades realizalas.


Pero o máis importante é que deixedes voar as vosas imaxinacións, a creatividade e que desfrutedes!

Publicamos tamén a lista de materiais e/ou ingredientes necesarios (ou outros por cales substituír) se quixerades realizar TODAS as actividades que propoñemos (por se queredes ir facendo acopio), pero en cada publicación farase mención específica para a actividade que toque ese día.

Ide preparándovos que neste Nadal tamén toca desfrutar!!