Mitin central do PSdeG-PSOE de Foz o martes 15 ás 20’00h na sala Bahía

Mitin central do PSdeG-PSOE de Foz o martes 15 ás 20’00h na sala Bahía

Foz 14/12/2015.- O PSOE, convida a todos os vecinos, veciñas, afiliados e simpatizantes ao mitin central que celebra mañá martes día 15 en Foz. Será ás 20.30 horas na sala Bahía.

Intervirán o secretario xeral e deputado autonómico José Ramón Val Alonso, os números un e dous da candidatura socialista ao congreso dos deputados pola provincia de Lugo, Margarita Perez Herraiz e Iago Fernández Pena e o deputado autonómico Juan Carlos González Santín

Queremos achegarlles aos cidadáns o proxecto de futuro que queremos para a comarca da Mariña, a provincia de Lugo, Galicia e España, un proxecto que pasa por recuperar os dereitos que nos quitou durante estes catro anos o goberno de Mariano Rajoy, poñendo de manifesto que o PSOE é a única alternativa posible ao PP, o partido dos recortes no estado do benestar que tanto esforzo nos custou levantar.

Explicar que si Pedro Sánchez alcanza a Presidencia do Goberno de España ten o firme compromiso de derogar a nefasta reforma laboral do PP, que non trouxo mais que perdidas de dereitos dos traballadores e traballadoras, baixadas de salarios, emigración e precariedade, de eliminar os copagos sanitarios, revitalizar a lei de dependencia, de derogar a LOMCE, facer das becas un dereito…etc Que o PSOE ten un programa de futuro para facer de España o país da igualdade, das oportunidades, das liberdades, da xustiza social e o benestar, construíndo un futuro para a maioría e non solo para uns poucos privilexiados coma nos catro últimos anos de goberno de Rajoy.

Margarita Perez Herraiz e Iago Fernández Pena, estran este martes ás 20’30 horas na Sala Bahia de Foz.

Co fin de explicar o programa co que o PSOE concorre as eleccións do 20 de decembro, un programa pensado para recuperar a España das oportunidades, das liberdades, da xustiza social, da igualdade, o estado de benestar. Un programa para recuperar uns dereitos que todos considerabamos absolutamente intocables e o PP cercenou na pasada lexislatura.

Convidamos a todos os veciños e veciñas a acompañarnos a coñecer as propostas socialistas para que o noso país volva a ser a España da igualdade, do progreso e do avance nos dereitos sociais que solo poden vir da man do PSOE, construíndo un futuro para a maioría e non solo para uns poucos privilexiados coma nos catro últimos anos de goberno do PP.

Queren explicar que si Pedro Sánchez alcanza a Presidencia do Goberno de España ten o firme compromiso de derogar a nefasta reforma laboral do PP, que non trouxo mais que perdidas de dereitos dos traballadores e traballadoras, baixadas de salarios, emigración e precariedade, de eliminar os copagos sanitarios, revitalizar a lei de dependencia, de derogar a LOMCE e facer das becas un dereito…etc