Manifesto contra a Violencia de Xenero 2016

manifertoviolenciaxenero2016-26

ACTOS DO 25N CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Barreiros conmemorou o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero con diversas actividades na praza do Concello. Alí tivo lugar unha concentración e gardouse un minuto de silencio polas vítimas desta lacra e deuse lectura a un manifesto. Tamén se entregaron os premios aos gañadores e gañadoras do II Concurso de Debuxo Din non á violencia de xénero, no que participou o alumnado de primaria dos CEIP de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante. O encargado de entregar os agasallos foi o alcalde, Alfonso Fuente.

O eslogan elixido para a conmemoración do 25N foi Móvete contra a violencia de xénero, de aí que os asistentes á concentración e aos actos desenvolvidos na tarde-noite do venres protagonizasen unha coreografía de aerobic, segundo explican desde o departamento de Servizos Sociais do Concello barreirense

dsc06420 dsc06409

MANIFESTÓ VIOLENCIA DE XÉNERO 2016

Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, un ano máis queremos levantar a nosa voz contra esta lacra, contra todas esas novas que enchen os medios de comunicación de mortes e dor a causa desta triste realidade.

No que vai de ano xa son máis de 40 mulleres as que se sumaron á longa lista de falecidas a causa da violencia de xénero, na frialdade desta cifra escóndese a indignidade desta realidade. Estas cifras móstrannos a verdadeira dimensión dun drama diario, detrás do cal hai filias e fulos, nais e pais, irmás e irmáns, amigas e amigos, vecinas e vecinos, compañeiras e compañeiros de traballo… Un drama que non é privado, que é público e que está moi presente na nosa sociedade, que nos lastra e nos condena a cada un de nos. Desde aquí desexamos que esta cifra sirva únicamente para axudar a aumentar as razóns e motivos de continuar nesta loita, de erradicar da nosa sociedade estas lamentables perdas e de denunciar e condenar calquera tipo de violencia.

Non so nos queremos lembrar da cifra de falecidas, senón tamén daquelas outras vítimas que viven nunha morte silenciosa día a día no seo da súa casa, son aquelas mulleres que sofren calquera tipo de violencia no penar máis silencioso e solitario do seu propio fogar, en moitos casos nin sequera son conscientes de estar sufrindo esta situación porque quizáis se sigan crendo culpables, xustifiquen ao seu agresor ou crean que a situación pode cambiar cada vez que el se arrepinte e di que non o volverá facer, son mulleres  atrapadas   nunha  tea  de  araña  de  amor  enfermizo, dependente e que en moitos casos acaba sendo mortal.

Desde o Concello de Barreiros, as súas vecinas e vecinos queremos movernos contra a violencia de xénero, queremos mostrar que se pode vivir nunha sociedade sen esta lacra, nunha sociedade onde todas e todos participemos dende a igualdade. Por iso hoxe, e tódolos días do ano, dicimos que a sociedade e o Concello de Barreiros:

  • Non pode nin debe tolerar nin unha morte nin unha agresión
    máis.
  • Non pode xustificar nin protexer a quen agrede, insulta, acosa,
    humilla nin mata.
  • Debe continuar a prestar recursos para loitar contra esta lacra, protexendo a quen a sofre.
  • Comprométese a rachar co silencio no que as vítimas sofren a violencia de xénero.
  • Implícase para promover unha educación en igualdade e respeto, unha educación que preveña a violencia do maná.

Polo que é tarefa dé todos nos, de cada unha das perseas que individualmente formamos a sociedade, concienciarnos e actuar contra a violencia de xénero.manifertoviolenciaxenero2016-5

manifertoviolenciaxenero2016-1 manifertoviolenciaxenero2016-2 manifertoviolenciaxenero2016-4 manifertoviolenciaxenero2016-6 manifertoviolenciaxenero2016-8 manifertoviolenciaxenero2016-16