MÁIS DE TRESCENTOS COCHES  E  UNHAS MIL PERSOAS PARTICIPAN NA TERCEIRA ETAPA DA CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA CONVOCADA POLA PLATAFORMA SANITARIA

MÁIS DE TRESCENTOS COCHES  E  UNHAS MIL PERSOAS PARTICIPAN NA TERCEIRA ETAPA DA CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA CONVOCADA POLA PLATAFORMA SANITARIA.

Os coches procedentes dos centros de saúde de Foz,Valadouro e San Cibrao colapsaron a avenida Arcadio Pardiñas, arteria principal de Burela e remataron no porto, de donde partiu unha manifestación de unas mil persoas.

A Mariña ,13 de xaneiro de 2018.A terceira e última etapa da Caravana Pola Sanidade Pública convocada pola Plataforma Sanitaria da Mariña partiu hoxe ás 11 da mañá simultáneamente dos Centros de Saúde de Foz, Valadouro e San Cibrao. Xuntáronse  máis de trescentos coches que avanzando a velocidade moi reducida lograron colapsar as estradas e a rúa  Arcadio Pardiñas, arteria principal da vila de Burela.

A caravana rematou na explanada do porto de Burela e desde  unas mil persoas se dirixiron camiñando ate o Centro de saúde de Burela.Abría a manifestación a pancarta da Plataforma Sanitaria, portada por membr”s activos da mesma.Diante do Centro de Saúde deuse lectura a un manifesto  no que se lembraban as pretensións da gobernó da Xunta de eliminar a área Sanitaria da Mariña sen ter en conta a vontade popular e as peculiaridades desta comarca ,como a distancia ao hospital de segundo nivel e o número de habitantes,que son por se mesmas  máis que suficientes para xustificar a Área Propia.

Para rematar o acto chamouse @s veciñ@s da Mariña a seguir coa movilización social, que é a única forma de parar este proxecto de modificación da lei de saúde de Galicia e convocouse á comarca a asistir á gran mobilización que o vindeiro 4 de febrero sairá da Alameda de Santiago ás 12 horas. Fletaranse autobuses para o desprazamento ate Santiago dos que informaremos pormenorizadamente nos vindeiros días.

Para máis información chamar a Victor Vila 677343429

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *