LICITACIÓN DE DESBROZADORA PARA TRACTOR

O CONCELLO DE BARREIROS SACA A LICITACIÓN DE UNHA DESBROZADORA PARA TRACTOR.

O Concello de Barreiros anuncia a adquisición dunha desbrozadora de chan para acoplar ao tractor de titularidade municipal existente.

Barreiros, 24 de setembro de 2019.

Dentro das inversións a financiar co Plan Único de Cooperación cos Concellos 2019 está a adquisición de equipamento para traballos de mantemento en áreas verdes, camiños,… e concretamente a de unha desbrozadora para acoplar ao tractor. “Trátase dunha ferramenta complementaria a outra de brazo, da cal xa se dispón, pero que para determinados traballos resulta máis operativa este tipo de desbrozadoras.” segundo apunta o concelleiro de Obras, Antonio Veiga.

O presuposto base da licitación ten un importe de 9.700€ (máis IVE) e o suministro deberá ser entregado antes do 31 de decembro de 2019

O prazo para presentar as ofertas é dende o 26 de setembro ó 10 de outubro (ambos inclusive). A documentación presentarase nas oficinas municipais do Concello de Barreiros (Rúa Vila nº 63. 27790 San Cosme de Barreiros). De igual modo, as ofertas poderán ser presentadas por correo. En tal caso, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax no mesmo día (982124110).

A documentación (declaración responsable e oferta económica) irá nun sobre pechado, identificado no seu exterior, coa indicación “Licitación de subministro de desbrozadora”, firmado polo licitador ou a persoa que o represente e indicando o nome e apelidos ou razón social da empresa.

Na web municipal está publicada toda a información e documentación precisa para ofertar a licitación.

LICITACIÓN DE DESBROZADORA PARA TRACTOR

Fecha de publicación:
Martes, 24 Septiembre, 2019 – 12:04

Dentro das inversións a financiar co Plan Único de Cooperación cos Concellos 2019 está a adquisición de equipamento para traballos de mantemento en áreas verdes, camiños,…, concretamente unha desbrozadora para acoplar ó tractor de titularidade municipal existente.

Prevese a adquisición dunha desbrozadora de chan, complementaria de outra de brazo que o Concello xa ten dispoñible, pero para determinados traballos resulta máis operativa este tipo de desbrozadoras.

O presuposto base da licitación ten un importe de 9.700€ (máis IVE) e o suministro deberá ser entregado antes do 31 de decembro de 2019

prazo para presentar as ofertas é dende o 26 de setembro ó 10 de outubro (ambos inclusive). A documentación presentarase nas oficinas municipais do Concello de Barreiros (Rúa Vila nº 63. 27790 San Cosme de Barreiros). De igual modo, as ofertas poderán ser presentadas por correo. En tal caso, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax no mesmo día (982124110).

A documentación (declaración responsable e oferta económica) irá nun sobre pechado, identificado no seu exterior, coa indicación “Licitación de subministro de desbrozadora”, firmado polo licitador ou a persoa que o represente e indicando o nome e apelidos ou razón social da empresa.

Documentación (Licitación de suministro de desbrozadora):

– Modelo declaración responsable

– Modelo proposición económica

– Pliego cláusulas administrativas

– Pliego cláusulas técnicas