La granja Mantoño Holstein reconocida, por décimo año consecutivo

Barreiros |
La granja Mantoño Holstein reconocida, por décimo año consecutivo, entre las tres mejores de Galicia
Esta ganadería barreirense mantiene una apuesta firme por la cría de animales de alta genética desde hace unos 20 años, a día de hoy cuentan con un censo de 82 vacas.

A gandeiría Mantoño Holstein de Barreiros vén de ser recoñecida por décimo ano consecutivo entre as tres mellores granxas de Galicia por calificación morfolóxica de parte da Federación de Frisona Galega, FEFRIGA.
Tras saír publicadas as Distincións Honoríficas de FEFRIGA para o Ano 2015 nesta última semana, o copropietario da explotación, Saúl Dorado, satisfeito polos resultados alcanzados neste ano, asegura que “é o resultado dun gran compromiso e esforzo que levamos mantendo durante máis de 18 anos e que se nos vén recoñecendo dende o 2005”.
A Federación de Frisona Galega ten en conta para a publicación destes premios á maioría das granxas do territorio galego, un total de case 5.000 explotacións, que se someten mensualmente a controis de produción, calidade de leite e valores xenéticos dos seus animais, “en canto á nosa categoría, recibimos cada nove meses aos técnicos encargados de outorgarlles ás nosas vacas calificacións segundo a súa morfoloxía. Cada unha pode conseguir entre 65 e 90 puntos e ser calificada en diferentes categorías: insuficiente, regular, boa, máis que boa, moi boa e excelente”.
A día de hoxe, a media estatal e galega referente a estas puntuacións sitúase en torno aos 77 puntos por vaca, Mantoño Holstein, que conta cun censo total de 82 vacas, superou esta cifra en máis de 10 puntos. Saúl Dorado subliña que “tras calificar a todas as nosas vacas este ano logramos alcanzar unha media de 87,50 puntos”.
Mantoño Hosltein de Barreiros ademais de adicarse á producción de leite como fonte fundamental de ingresos, mantén unha aposta firme pola cría de animais de alta xenética descendentes dalgunhas das máis afamadas vacas a nivel mundial, grazas a isto é a granxa galega onde máis vacas excelentes (EX) e moi boas (MB) se poden encontrar reunidas independentemente do tamaño da explotación. Saúl Dorado subliñou que “trala última calificación do pasado mes de maio contamos con 21 vacas excelentes e 61 moi boas, uns resultados que demostran a calidade das nosas vacas e nos fan moi boa publicidade á hora de vender embrións, xovencas, vacas adultas ou levar ingresado varios sementais en centros de inseminación de todo o país e incluso do extranxeiro como Italia ou Alemaña”.
Tras ser coñecedores destes resultados, os propietarios de Mantoño Hosltein recibirán o galardón conseguido o vindeiro 30 de xullo durante a celebración da Festa Hosltein que organiza a mesma Federación de Frisona Galega.