La carretera Reme-Villamar estará cortada al tráfico entre el martes y el viernes de la próxima semana para realizar trabajos de reparación

Barreiros |
La carretera Reme-Villamar estará cortada al tráfico entre el martes y el viernes de la próxima semana para realizar trabajos de reparación

A estrada Reme-Vilamar permanecerá pechada ao tráfico entre o martes e venres da semana que vén por mor das obras que realiza a Xunta entre Vilamar e o quilómetro catro. Así o anunciou o alcalde, Alfonso Fuente, que lembra aos veciños que durante eses días deben usar vías alternativas nos seus desprazamentos.
O rexedor explicou que “a vindeira semana, dende o martes ata o venres seguramente, vaise estar levando a cabo o aglomerado da estrada Reme-Vilamar, dos catro quilómetros que se están arranxando dende Vilamar ata o quilómetro catro. Polo tanto esta estrada vai permanecer pechada ao tráfico durante gran parte do día polos traballos de aglomerado que se pretenden facer en toda a vía ao mesmo tempo, non quedando ningún carril en servizo. Os traballos quedarán mellor si se fai todo o treito completo”.
Fuente Parga pide que “calquera que teña que circular por esa estrada ou acostume facelo que use vías alternativas. Ao mesmo tempo tamén están avisados os autobuses escolares. Calquera persoa que durante a semana que vén teña que circular por esa vía debe usar as estradas alternativas e dende o Concello pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar. Pero o motivo é mellorar o estado desa estrada”.