Juchi seguirá unha tempada máis no Praias de Barreiros FS

presentacionJuchiPBJuchi seguirá unha tempada máis no Praias de Barreiros FS

Borja Otero Villarino (13-09-1983), máis coñecido no mundo do fútbol sala como “Juchi” continuará nas filas do Praias de Barreiros FS na 2015/16. A pesares de non inciar a tempada no clube, Juchi uniuse á disciplina do cadro barreirense no tramo final da campaña, chegando a disputar os últimos partidos de Liga Provincial e a Copa.
Formado na canteira do Cefire, Juchi pronto comezou a acumular experiencia tanto en categoría Autonómica como en Primeira B. Defendeu as camisolas do Conservas Burela, A Cantina Ribadeo, Palestina Burela e Concello de Trabada.
Juchi será un dos xogadores máis experimentados do Praias de Barreiros, nunha plantilla que combinará xuventude e veteranía.
Guillermo González, directivo do clube, foi o encargado de presentar a Juchi.