IV encontro Interxeracional

barraVer más fotosbarra

Manualidades (10)

Manualidades (12)

Manualidades (13)

Manualidades (4)

12195918_908559625881330_4841710908793271994_n

Barreiros, 6 de novembro de 2015. A Rede de Voluntariado Local e o Departamento de Servizos Sociais do Concello organizan para o vindeiro 14 de novembro o IV Encontro Interxeracional, un encontro no que persoas de todas as idades poderán gozar de múltiples actividades de tempo libre e obradoiros, ademais dun xantar conxunto.

A cita, que se celebra con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, comeza ás 12 horas no Canteiro, en San Pedro de Benquerencia, e rematará ás 19 horas. A programación comeza cunha mostra e obradoiros de artes plásticas e actividades de tempo libre. Ás 14 horas iníciase a comida, concibida como un momento de confraternización. Os participantes deben traer a súa propia cesta e mantel.

Pola tarde, ás 16 horas, comeza o obradoiro de máscaras, a cargo da actriz barreirense Estíbaliz Veiga, que ás 19 horas poñerá tamén fin á cita cunha obra do seu propio grupo de teatro. As actividades están dirixidas a persoas de todas as idades.