INICIATIVA SOLIDARIA EN APOIO DO CLUBE DEPORTIVO CRISTAL

  1. INICIATIVA SOLIDARIA EN APOIO DO CLUBE DEPORTIVO CRISTAL, DA CORUÑA, QUE HAI UNS DÍAS PERDÍA A UN DOS SEUS XOGADORES. MOUSSE CISSÉ AFOGOU NA PRAIA DO ORZÁN. O CELTA BARREIROS RECADA FONDOS PARA COLABORAR COA REPATRIACIÓN DO CADÁVER A SENEGAL.

Barreiros, 13 de abril de 2017. O Celta Barreiros disputará o vindeiro domingo, 16 de abril, un partido amistoso contra o Deportivo Cristal. Será ás cinco da tarde no Cascabeiro. O equipo lugués recada fondos estes días entre as empresas da Mariña para colaborar coa repatriación do cadáver do xoven senegalés Mousse Cissé, que morría afogado o pasado luns no Orzán, na Coruña. Este rapaz era xogador do Deportivo Cristal. O Concello colabora co Celta Barreiros nesta iniciativa solidaria, que foi presentada esta mañá na praia de Altar por directivos e polo adestrador do club local e polo alcalde, Alfonso Fuente.

O adestrador do Celta Barreiros, José Moñita, sinalou que “estamos fomentando entre las empresas de A Mariña una fila cero para enfrentarnos en un partido amistoso al Deportivo Cristal, equipo de Coruña al que le murió un jugador ahogado en Orzán, con el fin de recaudar dinero para que puedan repatriar al chaval a Senegal para enterrarlo”.

Moñita dixo que “somos dos equipos modestos, que estamos en la última categoría del fútbol español, pero al fin y al cabo el fútbol es mucho más grande que las propias categorías. Si no nos ayudamos entre nosotros por el deporte que compartimos no tiene ningún sentido jugar al fútbol”.

Todas aquelas empresas ou persoas que a título individual queiran colaborar con esta iniciativa solidaria o que teñen que facer é ponerse en contacto co Celta Barreiros: “para colaborar los interesados pueden ponerse en contacto con el Celta Barreiros, pero de todas formas existe ya un número de cuenta a nombre del padre del jugador en el que pueden hacer un donativo”.

O adestrador do Celta Barreiros engadiu que “desde A Mariña y concretamente desde el Celta Barreiros queremos recordar que en esa playa también murió hace poco tiempo un gran activo de A Mariña, que es Rodrigo Maseda, policía nacional que intentó ayudar a rescatar a un chico en la misma playa. Y no queríamos hacer esta iniciativa sin acordarnos de él”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *