Barreiros, Coronavirus INFORMACIÓN SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO CRIBADO COVID19 12 abril, 2021 Alvaro Vizoso INFORMACIÓN SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO CRIBADO COVID19 O pavillón municipal xa está preparado para acoller as probas do cribado que se realizarán mañá, martes 13, ás 436 persoas anotadas voluntariamente. O SERGAS enviou a todas as persoas anotadas un SMS co horario de realización da proba. As probas realizaranse entre as 9:30 e as 13:30 horas. Se algunha das persoas anotadas non recibe o SMS de cita, poderá pasar en dito horario(entre 9:30-13:30) polo pavillón para ser atendida. O persoal de Protección Civil organizará a dirección e aparcamentos dos vehículos. A entrada das persoas para a realización da proba será pola porta esquerda (mirando de fronte ao pavillón) e a saída pola dereita. Haberá dous equipos realizando probas, polo que as persoas terán asignada unha mesa en función da primeira letra do primeiro apelido: Mesa da A-J Mesa da L-Z Durante a espera deberá gardarse a distancia de seguridade, sen rebasar as marcas do chan. É obrigatorio o uso de máscara. Facilitarase xel hidroalcólico á entrada. Deben atenderse ás indicacións do persoal encargado da organización.