IMPORTANTE!!! AS CONDICIÓNS DE ACCESO AOS CULTIVOS VEÑEN DE SUFRIR MODIFICACIÓNS!

La imagen puede contener: texto Lembrades esta imaxe que compartimos no inicio do estado de alarma?!
‼️IMPORTANTE!!! AS CONDICIÓNS DE ACCESO AOS CULTIVOS VEÑEN DE SUFRIR MODIFICACIÓNS!
Cales? 👇🏻
 Poderás desprazarte a calquera cultivo que teñas no termo municipal no que resides, sempre minimizando os desprazamentos.
5️⃣ Se o cultivo está noutro termo municipal, poderás desprazarte un máximo de 5km desde o teu domicilio.
👩🏼‍🌾 Se es profesional, debes acreditarte co carné do REAGA.
🧑🏼‍🌾 Se é para autoconsumo debes portar o teu carné de fitosanitarios e unha declaración responsable sobre a ubicación dos predios, o tipo de cultivo e se é ecolóxico, polo que non se tería o carné de fitos.
🚫 En calquera caso, lembrade que:
2️⃣ Pode haber un máximo de 2 persoas por predio
🚹🚺 E deben gardas as distancias e resto de protocolos!
Podedes consultar a orde da Xunta neste enlace 👉🏻 https://www.xunta.gal/…/20…/AnuncioG0426-270420-0001_gl.html