Iberia C.F. con Nicolas Veiga

Foto de Iberia C.F.
Iberia C.F. con Nicolas Veiga

Pois xa está aquí ás portas unha nova tempada e, como non pode ser doutra maneira, afrontámola con toda a ilusión do mundo. Coa ilusión ademais de ter nesta ocasión ao fronte do barco branquiazul a unha persoa ben coñecida e ben querida por todos nós. Temos o pracer de anunciarvos que Nicolás Veiga, “Nico” será o noso adestrador este tempada e agardemos que moito tempo. Nico, veciño de S Miguel, gañouse a reo esta oportunidade despois de levar toda a vida estreitamente vencellado ao fútbol e ao deporte, dende as míticas EE.DD A Mariña Oriental que el mesmo, entre outros, fundara, ata adestrar con notable éxito o equipo cadete e xuvenil do Iberia pasando tamén por adestrar na S.D Ribadeo da que mesmo foi coordinador deportivo. Na súa presentación amosouse Ilusionado con este novo proxecto no IBERIA CF “ainda que non é nada novo xa que é a miña casa e xa fichei polo Iberia nas categorias inferiores en 2012 continuando actualmente tamén co equipo xuvenil polo que coñezo perfectamente o funcionamento e estructura do Clube”. Nico aposta por ter obxectivos claros e de clube a medio prazo e que van máis aló da clasificación na taboa se ben non descarta para nada estar na pelexa polo ascenso. “O obxetivo é formar un grupo en todo o sentido da palabra cunha filosofía de xogo e de clube clara e sendo honesto intentaremos loitar polos máximos obxetivos pero buscando un proxecto de futuro para o clube¨. Para iso dende o clube estase traballando a reo para conformar unha plantilla competitiva na que ademáis se agarda que varios xogadores xuveniles poidan ir collendo protagonismo. “Estou contento co equipo que temos e coas novas altas que estamos a facer xa que son xogadores que coñezo e ó que algun xa adestrei e sei do seu potencial, asimesmo estou confiado e espero incorporar a un ou dous xogadores máis, que aínda se están decidindo, cos que seríamos un grupo fantástico”. Logo da presentación de Nico en breve iremos anunciando a composición da plantilla para esta ilusionante tempada 2015-2016 así como a presentación do equipo e os amigables de pretempada. Forza Iberia!!!!