Iberia C.F. celebra a Cena Baile anual

Coma todos os anos achégase unha das citas máis agardadas por toda a familia branquiazul, a cea -baile. Bo xantar, bo beber, boa música e mellor compañía para facer entre todos unha velada inolvidable. Coma sempre chea de sorpresas, de agasallos, dalgunha que outra actuación sorpresa, de fenomenal ambiente e de troula e de festa, que ao fin e ao cabo é do que se trata. Porque que mellor xeito de botarlle unha man ao clube que facéndoo pasándoo ben ao mesmo tempo. Así que veña, a animarse e ir collendo tod@s os tickets que os tendes á vosa disposición nos diferentes locais de hostelería do pobo, no campo de fútbol o domingo ou solciitándolllos a calquer membro da xunta directiva.. Agardámosvos!!! Pegarásevos o noso vicio…polo Iberia. 😉