
Hoxe as persoas que participaron no programa ActivaMente do Concello de Barreiros, tiveron unha xornada distinta na que se achegaron á Terra Chá para coñecer un pouco máis de territorio, de oficios e de literatura; achegando así o final das clases que recibiron durante estes meses.

Compartiron un día de convivio e esparexemento, visitando

o obradoiro de instrumentos tradicionais de Xaneco e

a casa museo de Manuel María en Outeiro de Rei.

Agradecemos as atencións recibidas e os coñecementos adquiridos, que foron moitos e ben interesantes!