«Hai xente moi confiada e non fai caso, cre que queremos molestar»

«Hai xente moi confiada e non fai caso, cre que queremos molestar»

Socorristas da Mariña fan un chamamento aos bañistas para que presten atención ás indicacións que lles dan

.
PEPA LOSADA
SARA GIL S. C. 
VIVEIRO / LA VOZ 

Frustración e preocupación, son os sentimento dos socorristas das praias da Mariña, neses momentos nos que «a xente cre que por levar moitos anos vindo á mesma praia non lle teñen que facer caso a un rapaz novo». Son as palabras de Borja Rocha, socorrista en Barreiros e coordinador dos da localidade.

É pouco habitual, mais é certo que aínda que sexa unha minoría, eses que deciden non prestar atención ás indicacións dos profesionais, poñen en perigo a súa vida e a de todos.

«Levo seis anos traballando como socorrista. Non hai problemas graves, habitualmente, mais si que algunha vez, sobre todo cando hai que acotar zonas polas corrientes, a xente confíase e non fai caso. Hai persoas maiores que ven rapaces novos dándolles ordes e non queren seguilas, mesmo pensan que é por molestar», dinos Borja Rocha.

Coincide con el Sergio Prieto, socorrista en Burela dende hai oito anos, que tivo que insistir nalgunha ocasión para que xente queleva toda a vida indo á mesma praia siga as súas indicacións.

Cóntannos que nun par de ocasións mesmo houbo que chamar á Guardia Civil para que intervira. Para evitar isto chaman aos bañistas a ter a máxima precaución e atender ao que se lles di, pola seguridade de todos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.