hai uns días o centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro encheuse de nen@s e adultos para gozar do espectáculo de maxia e música Enigma

Dentro da programación deseñada polo Concello de Barreiros para celebrar o Entroido 2017 hai uns días o centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro encheuse de nen@s e adultos para gozar do espectáculo de maxia e música Enigma, a cargo de Crystian Magic, que fixo as delicias dos asistentes a esta cita.
E ducias de persoas acudiron aos bailes e desfiles de disfraces infantil e xuvenil que se celebraron tamén hai uns días en Barreiros e aos que acudiron os tradicionais cabezudos.