Fuente Parga promociona Barreiros e A Mariña en FITUR

Barreiros, 29 de xaneiro de 2015. O alcalde, Alfonso Fuente, atópase estes días en Madrid na Feira Internacional de Turismo onde está a promocionar Barreiros e tamén a comarca da Mariña coma presidente da Mancomunidade de Municipios.

En Fitur deuse a coñecer a nova guía de Barreiros que esta semana se presentaba no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. O rexedor entregoulle un exemplar ao xornalista lugués, natural de Pol, Jenaro Castro, director e presentador do programa Informe Semanal de Televisión Española. Fuente Parga contou que “Jenaro é un namorado da Mariña e das praias de Barreiros, ás que se achega sempre que pode”.