Fuente Parga manifesta a súa “total disposición” para contestar a todas e cada unha das preguntas das Asociacións

Fuente Parga manifesta a súa “total disposición” para contestar a todas e cada unha das preguntas das Asociacións

O candidato do Partido Popular á alcaldía do Concello de Barreiros, Alfonso Puente Parga, agradece a invitación feita polas asociacións para a participación nun debate público entre as tres persoas candidatas á alcaldía.

O alcaldable popular indica que “tanto as asociacións sinaladas no escrito coma as que non aparecen, están a desenvolver unha tarea importante no Concello”. Polo tanto, manifesta a súa “total disposición para contestar a todas e cada unha das preguntas que me queiran dirixir as Asociacións, como xa veño facendo nos últimos dez anos que levo na alcaldía do Concello de Barreiros, e seguirei facendo despois do 24 de maio, na condición que me corresponda”.

Así mesmo, manifesta “o desacordo co formato proposto para contestar ás demandas ou preguntas das Asociacións; xa que un debate, se define como: “unha forma de comunicación na que existe unha confrontación de opinións diferentes sobre unb tema determinado”; polo que, para evitar calquera tipo de confrontación entre veciños e veciñas, aceptaría que a reunión coas Asociacións fose por separado cos distintos candidatos”.

Engade o alcaldable no seu comunicado que “esta decisións ven motivada pola lamentable situación vivida no último Pleno da Corporación, na que os membros do grupo de goberno, fomos directa e inxustificadamente insultados por concelleiros da oposición, e para evitar que esta situación poida repetirse, é polo que non aceptamos o formato de debate”.

“Esta decisión, xa foi transladada na mañá do sábado 2 de maio persoal e verbalemente a un dos representantes que me fixeron chegar a invitación, e telefonicamente na tarde-noite á outra das representantes por atoparse esta de viaxe. Así mesmo a ambos xa se lles anticipei a miña disposición a deixar constancia escrita, que traslado na presente”, conclúe Fuente Parga.