FUENTE PARGA LEMBROU HOXE QUE ARRANXO DA ESTRADA QUE DISCORRE ENTRE VILAMAR E O ALTO DE CABARCOS ERA UNHA VELLA REIVINDICACIÓN DO CONCELLO BARREIRENSE. O ALCALDE SUBLIÑA QUE É UN VIARIO MOI EMPREGADO POLOS VECIÑOS DE SAN XUSTO E GONDÁN PARA SAÍR CARA BARREIROS

FUENTE PARGA LEMBROU HOXE QUE ARRANXO DA ESTRADA QUE DISCORRE ENTRE VILAMAR E O ALTO DE CABARCOS ERA UNHA VELLA REIVINDICACIÓN DO CONCELLO BARREIRENSE. O ALCALDE SUBLIÑA QUE É UN VIARIO MOI EMPREGADO POLOS VECIÑOS DE SAN XUSTO E GONDÁN PARA SAÍR CARA BARREIROS.

Barreiros, 17 de novembro de 2017. O alcalde, Alfonso Fuente, referíuse hoxe ás obras de arranxo da estrada que discorre entre Vilamar e o alto de Cabarcos. Serán acometidas pola Deputación Provincial de Lugo, que atende así unha vella reivindicación do Concello barreirense, segundo o rexedor.

Fuente Parga lembrou que “dende o Concello de Barreiros, xa dende fai un tempo, levamos demandando na Deputación Provincial que arranxara a estrada que vai a San Xusto, a 0609 que nace en Vilamar e vai ata o alto de Cabarcos”.

O rexedor contou que “hoxe dese plan de infraestruturas confirmábannos que esa vai ser a estrada que se vai arranxar. É posible que teña que ser en dúas fases. Nunha primeira fase serán en torno a 3 quilómetros e logo a seguinte fase, dado que o importe co que se conta para arranxar esa estrada rolda os 230.000 euros, e é posible que non chegue para facer un novo aglomerado”.

O alcalde cree que “era importante darlle para adiante desde o ente provincial, era necesario que arranxara esa estrada, toda vez que a Xunta de Galicia xa amañou o tramo que está en Barreiros da Reme-Vilamar”.

Alfonso Fuente Parga subliñou que “esta é unha estrada tamén moi utilizada por toda a zona de San Xusto e Gondán que a empregan para saír cara Barreiros. É a vía principal. Estaba nun estado bastante lamentable, e xa se leva uns anos reivindicando e pedíndolle á Deputación que arranxara esta estrada. Dentro do plan de infraestruturas, que se ten anunciado por parte da Deputación, nós demandamos o arranxo desta estrada e agora confírmase que si vai ser esta a que van preparar”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *