FUENTE PARGA DIXO QUE “MENTRAS UNS PROMETEN, OUTROS XA ESTAMOS FACENDO AS COUSAS”

O CONCELLO TEN LISTO  O ANTEPROXECTO DO SANEAMENTO PARA OS NÚCLEOS RURAIS DE A INSUA, GONDÁN, VILAMARTÍN GRANDE, A PEDREIRA E VILAMAR. FUENTE PARGA DIXO QUE “MENTRAS UNS PROMETEN, OUTROS XA ESTAMOS FACENDO AS COUSAS”.

Barreiros, 20 de maio de 2015. O Concello recibiu o anteproxecto do saneamento para os núcleos rurais de A Insua, Gondán, Vilamartín Grande, A Pedreira e Vilamar. O investimento a realizar ascenderá a máis de 320.000 euros. O alcalde, Alfonso Fuente, di que “mentres uns prometen, outros xa estamos facendo as cousas”.

O rexedor explicou que “hai uns días entregábannos xa o anteproxecto do saneamento para 5 núcleos rurais, que son os de A Insua, Gondán, Vilamartín Grande, A Pedreira e Vilamar. Para o saneamento destes núcleos das parroquias interiores do Concello cóntase cun orzamento de 320.758 euros e fíxose xa este anteproxecto separado por parroquias. Están traballando xa no resto das que faltan, como Cabarcos ou San Xusto”.

Fuente Parga contou que “se está  traballando no primeiro que hai que facer, que é ese anteproxecto de por onde ten que discorrer ese saneamento e as seccións, etcétera. Como en calquera obra hai que empezar polos proxectos e aquí xa os temos feitos, xa contamos co presuposto, sabemos o que nos vai custar e nos vindeiros días empezaremos a traballar xa neses saneamentos. Hai que ir buscando as partidas, adxudicando por núcleos eses traballos”.

Para o alcalde barreirense “aquí o que pasa é que mentres uns están estes días prometendo que o van facer nós estamos xa facéndoo, como se quedara e como repetín unha e outra vez: cando estivera na zona de costa, que era a máis sensible, executado o saneamento ao 90 cento se iniciaría na zona rural, que era menos sensible aos vertidos”. E engadiu: hai que traballar nesa liña, temos xa este anteproxecto, sabemos o que vai custar, que iso é o primeiro. Non dicir que se vai facer sen dicir nin canto vai custar. Nós sabemos que nestes cinco núcleos rurais temos que investir 320.000 euros e estamos traballando nesa liña”.