FOTO DO CONCELLO DE BARREIROS (CONCLUSIÓN PEREGRINACIÓN A SANTIAGO)

La imagen puede contener: una o varias personas, niños y exterior

Hai uns días concluía coa visita á Catedral de Santiago e a foto de grupo na praza do Obradoiro a peregrinación por etapas a Compostela que durante nove fins de semana fixeron un nutrido grupo de veciños e veciñas de Barreiros a través do Camiño Francés. O Concello foi o encargado de organizar un ano máis esta actividade. O edil José Manuel Gómez Puente declarou que “tras nove etapas chegamos a Santiago, foron sábados de esforzo, de madrugar, de camiñar 20 quilómetros, pero mereceu a pena. A alegría de chegar a Santiago compensou todo o esforzo realizado”. Nos últimos quilómetros os peregrinos barreirenses estiveron acompañados por familiares e amigos, que viaxaron a Compostela nun autobús costeado polo Concello.

Gómez Puente adiantou que “xa estamos a pensar no vindeiro ano no que faremos o Camiño de Santiago a través da ruta Fisterra-Muxía”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *