Fin de Liga e inicio de Copa

A pasada fin de semana xogáronse os últimos encontros aprazados da Liga Provincial Masculina de Fútbol Sala, polo que xa se da por concluída a competición doméstica. O Praias de Barreiros FS rematou a súa participación cun pleno de victorias: 20 triunfos nos 20 encontros disputados. A pesar de que o conxunto barreirense xa acadou o título de liga e o ascenso de categoría fai semanas, os de Modesto Veiga non baixaron o nivel e acadaron o pleno de victorias, sumando un total de 102 goles a favor e tan só 31 en contra. Un números incríbles na súa primeira tempada de competición.

Agora o Praias de Barreiros FS afronta a súa participación na Copa, unha cita na que entran en xogo os equipos da Liga Autonómica e da Liga Provincial de Lugo. Os barreirenses enfrontaranse en cuartos de final ó Begonte FS, nunha eliminatoria a ida e volta; o primeiro encontro terá lugar este próximo sábado 16 de maio no Pavillón Muncipal de Barreiros ás 19:00 horas.

Na xornada do sábado, o fútbol sala será o gran protagonista en Barreiros, dende as 9:30 horas e ata as 18:00 disputaranse no Pavillón Municipal os encontros da Copa da Mariña en categoría benxamín, Posteriormente disputará o encontro de Copa o Praias de Barreiros FS.